miércoles, 10 de febrero de 2016

Segundo día de trabajos en el socavón de Avenida de Rubine

Información facilitada por el Ayuntamiento:
     
Os traballos, que nun primeiro momento consistiron en liberar o colector, anegado a consecuencia da subida do mar e as intensas choivas, e pola area arrastrada polas ondas, que obturara varios tubos da rede. Desde a Concellería de Medio Ambiente sinalan que a estación de bombeo de San Roque, que asume o 80% das augas residuais da cidade, soportou entre as 19.30 e as 21.00 horas do luns un caudal que chegou aos 9.800 metros cúbicos por hora, o que supón o triplo as medidas do resto da noite, que se mantiveron nunha media de 2.300 metros cúbicos por hora.  
Ao longo da mañá de hoxe, o servizo municipal de mantemento de infraestruturas logrou baleirar de auga e area o pozo e retirar todo o material acumulado, tal e como informou o responsable municipal de Rexeneración Urbana, quen sinalou que os traballos céntranse agora en “taludar” e asegurar a gabia aberta para acceder ao colector danado con total seguridade, para proceder á reconstrución do mesmo, o que comezará a facerse, avanzou Varela, “nas próximas horas”.








Temas relacionados:
Socavón en la Avenida de Rubine

No hay comentarios:

Publicar un comentario