lunes, 8 de febrero de 2016

Comienza el dispositivo especial en Riazor y Orzán por la alerta roja

Nota informativa del Ayuntamiento:

Policía Local, Bombeiros e Protección Civil vixilarán hoxe as praias polo temporal, que podería ocasionar cortes no Paseo Marítimo 

"O 112 eleva a alerta a vermella desde as 20.00 horas e ata a medianoite por fenómentos costeiros, ante a previsión de fortes ondas."

O Concello establecerá, a partir das 14.00 horas desta tarde, un dispositivo especial de vixilancia, conformado por Bombeiros, Policía Local e Protección Civil, nas praias de Riazor e o Orzán, ante a previsión meteorolóxica, que durante todo o día alerta de fenómenos costeiros con fortes ondas. O 112 mantén para o día de hoxe a alerta laranxa, que se elevará a vermella entre as 20.00 horas e ata a medianoite, por mar combinada do oeste e noroeste, e ondas de ata de 8 a 9 metros. Ante estas condicións adversas do tempo, a Policía Local contempla a posibilidade de realizar cortes no Paseo Marítimo ao longo da tarde, tanto na zona peonil como do tráfico rodado, en función da evolución do temporal.  

A previsión é que, de ser necesario, restrinxirase o paso para peóns desde o andén de Riazor ata a Coraza. Os cortes poderían extenderse ao tráfico. Nese caso, como primeira medida, pecharase a vía desde o Playa Club ata a rúa Modesta Goicouría, para poder desviar os vehículos cara a Juan Flórez, mantendo o tráfico de entrada por Rubine. Se a situación se complica o corte podería ampliarse ata a rotonda de Salesianos, de xeito que o tráfico se desviaría pola rúa Hospital. No sentido contrario, desde o Playa Club, os vehículos serían desviados por Calvo Sotelo. 


O Concello pide aos e ás cidadás precaución ante as condiciones meteorolóxicas, que tamén obrigan a manter pechados durante todo o día de hoxe e ata que remita o temporal os parques, xardíns e zonas infantís. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario